A non espertar nunca
A espertar e non verte ao meu carón
Á inexistencia
Á morte
Á escuridade
A perderme e non volver a atopar o meu camiño
A que me deixes soa
Á soidade
A que os meus amigos se pelexen
A converterme nunha persoa peor da que xa son
Á dor do meu corpo
A chorar de dor
A que se me esgoten os bicos e non poida bicarte máis.
A verte anoxada.
A vivir sen querer vivir
A tolear de amor.
Alumn@s de 2º ESO A do Castro Alobre
Estes son os medos dos alumnos e alumnas de 2ºESO A do Castro Alobre inspirados no poema de Xabier Docampo, Cando o autor fala de si.
Aínda que digan cos nenos de hoxe en día son moi superficiais, considero que a pesar de non manifestalo en numerosas ocasións, todos temos unha parte tenra no noso interior que debemos coidar e enriquecer de maneiras coma esta.
ResponderEliminarAo final quedou moi ben , porque entendese ben o que quere dicir cada cousa. Hay que facer máis cousas así, para descurrir un pouco e facer cousas así de boas. Quería tamén dicir que o mérito non foi só noso, a profesora tamén axudou a hora de colocalo para publicar.
ResponderEliminarGústame moito como quedou, na miña opinión, un poema fermoso e cun obxecto lúdico e expresivo, gústame.
ResponderEliminar