martes, 13 de marzo de 2012

Usha de María Reimóndez

"O meu nome é Uxía. My name is Ushia. Nam heseru Ushiya...”


Este é un dos libros que podemos ler de forma voluntaria e que pode achegarnos a outras culturas, a outros países, á solidariedade...e á loita das mulleres pola igualdade.

ARGUMENTO
Unha nena, Uxía, vainos contando o decorrer da súa vida na India ao decidir permanecer
alí durante un tempo, despois de pasar as vacacións nas que acompañou á súa nai, unha médica que realiza labores de cooperación nunha ONG.
Usha, como tamén se chama, comparte con nós a experiencia do encontro coas novas palabras e un mundo totalmente diferente. Lonxe de Galicia e da familia, a rapaza atopará o apoio dunha veciña e amiga, Lakshmi, en quen descobre a madurez necesaria para sobrevivir.A pequena irá descubrindo as inxustizas, a maneira en que a nai se enfronta a elas e os perigos que corren como consecuencia deses actos. Pero os problemas non se producen só nos países exóticos ou do terceiro mundo; de repente, un barco solta a súa carga de chapapote nas costas galegas e a dor chega ata elas…
Esta novela resultou finalista do Premio Merlín 2005.
Xerais




María Reimóndez recolle o premio Dora Vázquez 2012 no Centro tecnolóxico de Arteixo e le o artigo polo que foi premiada, «Desobediencia»:

1 comentario:

  1. Tania Bouzas:
    Gustoume moito ese libro porque explica os costumes e a forma de vivir noutro sitio que non é Galicia. Como tamén fala no libro,pero sobre todo o que me gustou e chamou a atención foi que a nena, a Usha gustaballe máis a India ,os costumes,a forma de vida,todo...e iso chamoume a atención; o de preferir ducharse nun "pilón" ou capacho e non nunha ducha.Ou lavar a roupa,o proceso que lle ensinou a súa nai,pareceume moi interesante.

    ResponderEliminar