Xabier Docampo é un dos nosos máis prolíficos autores de literatura infantil e xuvenil e un firme reivindicador da tradición popular e oral, cuxos recursos se atopan moi presentes na súa obra. Exerceu ante todo como docente, mais tamén foi guionista para radio e televisión, actor e director de teatro e animador á lectura. Vinculado aos movementos de renovación pedagóxica, ten estudos e conferencias acerca da narración oral e da didáctica da lingua e a literatura.
Djurdja Pokraja, unha rapaza serbia, cantou en galego no casting do "X Factor"
ou "Got Talent" do seu país, "Ja imam talenat" (Eu teño talento), coas cancións
"Lela" e "Negra sombra".
Foi na televisión serbia e á moza xa a
entrevistaron a semana pasada na Radio Galega grazas ás xestións de Jairo
Dorado, que fala e traduce ao galego do serbo-croata, do húngaro e dunha chea de
linguas máis, e fixo de intérprete galego-serbio e aproveitou para largar un par
de andanadas contra os que desconsideran e desprezan o noso idioma, para que
tomen exemplo desta rapaza da Voivódina serbia.
Non sabemos nada da
historia lingüística desta moza, pero o caso é que o seu galego non soa nada
mal. E se non o credes, escoitádea no vídeo.
Fonte: As Gabarras