viernes, 23 de diciembre de 2011

Cando petan na porta pola noite

     Xabier Docampo e o seu libro de relatos titulado Cando petan na porta pola noite  é a nosa escolla para o segundo trimestre.
Xabier Docampo é un dos nosos máis prolíficos autores de literatura infantil e xuvenil e un firme reivindicador da tradición popular e oral, cuxos recursos se atopan moi presentes na súa obra. Exerceu ante todo como docente, mais tamén foi guionista para radio e televisión, actor e director de teatro e animador á lectura. Vinculado aos movementos de renovación pedagóxica, ten estudos e conferencias acerca da narración oral e da didáctica da lingua e a literatura.



martes, 20 de diciembre de 2011

Lela e Negra Sombra na TV serbia

Djurdja Pokraja, unha rapaza serbia, cantou en galego no casting do "X Factor" ou "Got Talent" do seu país, "Ja imam talenat" (Eu teño talento), coas cancións "Lela" e "Negra sombra".

Foi na televisión serbia e á moza xa a entrevistaron a semana pasada na Radio Galega grazas ás xestións de Jairo Dorado, que fala e traduce ao galego do serbo-croata, do húngaro e dunha chea de linguas máis, e fixo de intérprete galego-serbio e aproveitou para largar un par de andanadas contra os que desconsideran e desprezan o noso idioma, para que tomen exemplo desta rapaza da Voivódina serbia.

Non sabemos nada da historia lingüística desta moza, pero o caso é que o seu galego non soa nada mal. E se non o credes, escoitádea no vídeo.
Fonte: As Gabarras



Interpretación de Djurdja Pokraja



Fonte: Prolingua





viernes, 18 de noviembre de 2011

A ciencia tamén se fai en galego

Ángel Carracedo é profesor e director do Instituto de Medicina Legal e do Grupo de Medicina Xenómica da Universidade de Santiago de Compostela.

Que quere dicir ter azou?

Preséntovos ao grupo Azou da man de Dios Ke te crew  nun dos capítulos do Ben Falado, un dos poucos programas da TVG que aínda podemos aproveitar para as nosas clases.

domingo, 13 de noviembre de 2011

No niño novo do vento

Continuando co traballo de Álvaro Cunqueiro no centenario do seu nacemento, imos recrear os seus textos acompañándoos de imaxes e música. Este video poema pode ser un exemplo:

No niño novo do vento on PhotoPeach

domingo, 6 de noviembre de 2011

Un mundo de linguas

Paulina Ceremuzynska

 

1.Como se chama a protagonista do vídeo que acabas de ver?
2.De que país procede?
3.A que se dedica?Cal é a súa profesión?
4.Que é necesario para cantar música medieval, segundo a protagonista?
5.Onde comezou a estudar galego?
6.Vai quedar en Galicia?
7.Onde vai ter que vivir para cantar música galega?
8.Cal é a opinión que ten a protagonista sobre a vosa lingua?
"Cantar en galego é atoparse con obras______________, cunha lingua moi ben ___________. Foi a lingua da xente máis _____________, da xente máis _______________________. Eran homes orgullosos de ser deste centro cultural tan poderoso como era ______________ e como era ________________________.
9.Dá a túa opinión sobre o que acabas de visionar dunha forma razoada. Que descoñecías? Que te sorprendeu?

jueves, 3 de noviembre de 2011

Cartas de inverno

Cartas de inverno é a obra de Agustín Fernández Paz coa que imos comezar a nosa andaina este curso.

Contido:
Despois dunha longa estadía en Québec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atopa as cartas que o seu amigo Adrián lle escribira na súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que enfrontarse a misterios que tal vez as persoas nin tan sequera somos quen de imaxinar. A narración está estruturada ao xeito das bonecas rusas: unha voz (en terceira persoa) que dá paso a outra voz (en primeira), que á súa vez dá paso tamén a outra voz (tamén en primeira persoa). E cando esta acaba, unha recuperación escalonada e simétrica das voces anteriores. Cartas de inverno recibiu o Premio Rañolas, ao mellor libro infantil e xuvenil galego do ano 1995.
Como traballo complementario debes consultar e realizar as actividades recollidas no proxecto de lectura da obra, publicadas por http://www.xerais.es/.
Agora xa só che falta deixar aquí o teu comentario sobre a lectura e compartila cos teus compañeiros,

martes, 18 de octubre de 2011

Presentación

Este blogue pretende ser unha ferramenta que imos compartir os alumnos de 2º ESO e a profesora.
Debe servirnos para publicar os nosos traballos, as nosas creacións, pero tamén para que a profesora publique a súa programación e recursos e o alumnado teña un lugar seguro para acceder a eles.