LECTURAS 2013/14





 
Irmán do vento de Manuel Lourenzo 
é a nosa primeira escolla.




FICHA DO LIBRO



Título do libro. IRMáN DO VENTO
Ano de Publicación. 2003
Autor. Manuel Lourenzo González
Xénero. Infantil-Xuvenil
Editorial. Edicións Xerais de Galicia
Coleccion.
Número de pax. 208
ISBN. 84-8302-858-1
Irmán do vento

“Son koblai, da tribo de Zalb. Son iraquí e musulmán. Son árabe. Son Khaled ben Sayiam, cidadán do mundo." "Irmán do vento", a novela de M. Lourenzo González, gañadora do Premio Merlín 2003, é a historia de Khaled, un rapaz dunha apartada aldea do Iraq que, coma outro rapaz calquera, ten unha familia, ten amigos, unha casa, unha vida, ten un amor, ten proxectos. Ata que, de repente, a guerra. "Irmán do vento" é a crónica da destrución inexorábel de todo canto Khaled é e de canto soña ser. "Irmán do vento" é tamén a narración emocionante da loita contra ese destino imposto e pola recuperación da dignidade e da esperanza.
Irmán do vento é, pois, unha novela de aventuras, na que empregando dous narradores, un que introdu-ce a acción e outro que é o protagonista, conta o que lle acontece a Khaled, un rapaz iraquí no medio da recente guerra. A acción transcorre, pois, en dous tempos; no primeiro un dos narradores dá conta de como o protagonista da historia entra na súa vida, e tempo despois se reencontra con el, para darlle a súa voz e relatar as condicións de vida do seu pobo en tempos de guerra. A novela reflicte cómo a infancia, o sector máis inocente da sociedade, vive un conflicto bélico e sofre as súas consecuencias máis duras, sen ser consciente das causas nin das circunstancias nas que se desenvolve.
[presentación editorial] 


Ficha da lectura    
Ficha da lectura










  
As flores radiactivas de Agustín Fernández Paz. Ed.Xerais
O misterio das badaladas de Xabier Docampo. Ed. Xerais
Cando petan na porta pola noite de Xavier Docampo E. Xerais
Amor dos quince anos, Marilyn de Agustín Fernández Paz Ed. Xerais
Rapazas de Agustín Fernández Paz Ed. Xerais.
O contador de estrelas de Jaureguizar. Ed. Alfaguara
Usha de María Reimóndez. Ed. Xerais
Camádeme Simbad de Francisco Castro. Ed. Galaxia
A expedición ao Pacífico de Marilar Aleixandre. Ed. Xerais
Memorias dun neno labrego de Neira Vilas
Ameaza na Antártida de Ramón Caride
Palabras de Caramelo de Gonzalo Moure
As flores radiactivas de Agustín Fernández Paz
Cos pés no aire de Agustín Fernández Paz
Mutacións xenéticas de Fina Casalderrei
O misterio das badaladas de Xabier Docampo
Catro cartas de Xabier Docampo
A chave das noces de Xabier Docampo
As horas de cartón de Lois Pereira
Expediente Artieda de Carlos Reigosa
Tres pegadas de Marilar Aleixandre
Bala perdida de Manuel Rivas
Os Megatoxos de Anxo Fariña
Arredor do meu nome de Alicia Vieira
Os escaravellos voan á tardiña de María Grippe
Astérix e Obelix BD
As aventuras de Tintín BD
Das cousas de Ramón Lamote de Paco Martín.
Cartas a Lelo de Neira Vilas
O portal dos Elfos de Herbie Brennam
LECTURAS NA AULA:
Historia da lingua de Pepe Carreiro BD
Cousas de Castelao

No hay comentarios:

Publicar un comentario