miércoles, 23 de abril de 2014

O brillo dos elefantes de Fran Alonso

Alonso, Fran 

Fran Alonso (Vigo, 1963) comezou a súa traxectoria como escritor ao gañar o Premio Blanco Amor de Novela en 1991 con «Tráiler» (Xerais). Desde entón publicou novelas, libros de relatos, poesía, literatura infantil, xuvenil, e libros de xornalismo. A súa obra está guiada sempre por unha actitude innovadora. En 1994 publicou o libro de relatos «Cemiterio de elefantes» (Xerais, 1994) e logo viñeron a novela «Silencio» (1995), «O brillo dos elefantes» (Xerais, 1999), «Males de cabeza» (Xerais, 2001), «Cartas de amor» (Xerais, 2006), «Ninguén» (Xerais, 2011) e «A punta de pistola» (Xerais 2012), que foi XII Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia, así como as biografías «A vida secreta de María Mariño» (Xerais, 2007), «Folerpas de Novoneyra» (Xerais, 2010) e «A voz que vén da seitura» (libro-CD, 2007). No ámbito do xornalismo, publicou os libros «Territorio ocupado» (Xerais, 1998), «Un país a medio facer» (Xerais, 2008) e «Contesta ou disparo» (e-book, 2011). A súa obra poética deuse a coñecer coa publicación, en 1992, de «Persianas, pedramol e outros nervios» (1992), ao que seguiron «Tortillas para os obreiros» (1996), »Cidades» (Xerais, 1997), «Subversións» (Xerais, 2001), «Balada solitaria» (2004), «O meu gato é un poeta» (libro-CD, Xerais, 2011) e «Transición» (libro-CD, 2011). Tamén é autor da coñecida antoloxía «Poetízate» (Xerais, 2006), que se converteu nun best-seller, e dos álbums ilustrados «A casa da duna» (Xerais, 2002) e «A araña e mais eu» (2009). Así mesmo é colaborador de diversos medios de comunicación, activista a favor da lectura, realizou o deseño e ilustracións dalgúns dos seus libros e leva a cabo diversos espectáculos poéticos. A súa obra está traducida a varias linguas

Este venres imos recibir a  Fran Alonso, autor do libro de lectura do 3º trimestre, O brillo dos elefantes. Con el pretendemos visitar Matagalpa e, aínda que non sexa de noite, coñecer o medo.



A noite é veludo
que ás veces espirra de súpeto,
un farrapo quente
de fíos que se desfán
entre a néboa escura.
A noite, que me lembra
un enorme burato de carbón.
A noite
é papel secante,
que todo o chucha para ela.
Á noite, o estraño e o fermoso
dentro da alma.
Á noite é un medo de elefantes brancos
que brillan na escuridade.
Á noite.
Sempre hai alguén que sae
a roubar sentimentos.
A noite, invisible,
coa súa canción de dolor.
A noite,
o animal máis silandeiro
que levo dentro.
                      Fran Alonso

12 comentarios:

  1. E un home moi interesante, con moitos libros escitos e publicados, e con unha boa foma de expresion, o seu libro "O brillo dos elefantes" e unha novela con un fondo profundo e moi facil de comprender. A sua visita de hoxe foi entretida e interesante.

    ResponderEliminar
  2. O brillo dos elefantes é un libro que describe moi ben como viven os habitantes dos lugares con dificultades no clima e con perigos de guerra. Gustoume bastante, pero é un poco curto.
    A visita de hoxe de Fran Alonso foi amena e resolveu algunas dudas...
    Diego.

    ResponderEliminar
  3. O libro, "O brillo dos elefantes" pareceume unha historia triste pola situación que sufre o país onde vive o protagonista. Todos tiñan medo á noite debido aos ataque dos paramilitares, pero o neno protagonista tivo a valentía de perder ese medo grazas a un poema. Na visita do autor, pareceume interesante, coñecer as motivacions do autor para escribir esta historia e algúns detalles novos que me aportou sobre o libro .

    ResponderEliminar
  4. Gustoume moito o libro porque expresa o que lle está a pasar a algunhas persoas e a xente non nos decatamos nin facemos moito por axudarlles.O libro é curto polo que resultoume fácil de ler. A visita a Fran Alonso estivo entretida e foi interesante.
    Julia Requeijo

    ResponderEliminar
  5. O brillo dos elefantes gustoume moito como libro, pareceume que explica moi ben, dunha maneira realista a situación de medo coa que viven día a día os habitantes doutros países. Na súa visita Fran Alonso aclarou dúbidas e comentou as razóns que o impulsaron a escribir a historia.

    ResponderEliminar
  6. O libro,"o brillo dos elefantes" describe moi ben as condicions en que viven os habitantes dos países en guerra.O protagonista perde o medo aos paramilitares a traves dun poema.Respecto a visita de Fran Alonso foi agradable,pese a que case non lle fixemos preguntas.
    Jonathan.

    ResponderEliminar
  7. O brillo dos elefantes gustoume moito como libro, xa que explica dunha maneira moi realista a situación de medo coa que viven día a día os habitantes doutros países. A visita do autor Fran Alonso gustoume xa que aclarou algunhas dúbidas e explicou as súas razóns para escribir a historia.

    ResponderEliminar
  8. O brillo dos elefantes foi un libro que me gustou moito porque relata as situacións de perigo e guerra constante en algúns países, e tamén o medo dos seus cidadáns a sufrir as maldades dos paramilitares.
    Grazas á visita do autor Fran Alonso podemos saber o que sofren os cidadáns deses países diariamente

    ResponderEliminar
  9. Este autor é un home que,pese a todas as malas situacións nas que se viu (paises destruidos por fenómenos meteorolóxicos devastadores ), tivo a suficiente forza coma para seguir escribindo o relato "O brillo dos elefantes".
    Esa é a razón pola que me parece un gran autor.
    Adrián

    ResponderEliminar
  10. O brillo dos elefantes é un libro que me gustou moito e impresionoume moito como o protagonista lle perde o medo a noite mediante un poema. Ao principio non comprendía o motivo polo cal o neno non ten nome, pero na charla do outro día o autor soubo explicar con claridade que o non ter nome identifícao máis cos moitos nenos que traballan duro día a día sen ter ás veces nen sequera para comer.
    Elba

    ResponderEliminar
  11. O brillo dos elefantes gustoume bastante polo punto de vista dende o que está narrada a historia, a maneira na que ve as cousas que pasan ao seu redor o protagonista e as ganas que ten de aprender a pesar de que case non pode asistir a escola. Tamén porque foi un libro levadeiro e fácil de ler, a pesar de que trata dun tema real e serio.
    A visita de Fran Alonso foi moi interesante, entendín cousas que non tiña claras e gustáronme as anécdotas e experiencias que tivo o autor e que lle inspiraron para escribir este libro e máis outros.
    Carme

    ResponderEliminar
  12. O libro "O brillo dos elefantes" foi un relato doado de ler. Non tiña dificultade para comprendelo pero era un tanto triste xa que a maioría das veces temos que ler libros relacionados coa guerra e con países empobrecidos. Prefiriría un livro no que non tivese que tratar de temas tan desoladores.
    Inés García.

    ResponderEliminar