domingo, 4 de octubre de 2015

Onte 1458: Sete traducións ao inglés

20150930_150221

No Día Internacioal da Tradución recibimos un agasallo inesperado, unha caixa de libros de Small Sations con exemplares das súas sete traducións máis recentes de literatura galega: One Million Cows de Manuel Rivas, Vicious de Xurxo Borrazás, Soundcheck de Miguel Anxo Murado, Polaroidde Suso de Toro, Winter letters de Agustín Fernández Paz, I love you Leo A. de Rosa Aneiros eDragal II. The Dragon’s Metamorphosis de Elena Gallego. Unha saída histórica en inglés para a nosa literatura contemporánea, á que non son alleos nin os esforzos do editor e tradutor Jonathan Dunne que abriu dúas coleccións específicas, Galician Wave e Fiction, como as importantes axudas achegadas pola Consellaría de Cultura para estas traducións. Esta oferta de Small Stations constitúe unha gran oportunidade para a visibilización da nosa narrativa actual tanto nos mercados internacionais de editores como no dificilísimo mercado interior do Reino Unido. Unha excelente noticia que celebramos no Día da Tradución.

Blog de Manuel Bragado Rodríguez. Vigo. Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario